Tuesday 30 de April de 2024

As gañadoras do concurso Galeguizando TikTok reciben os seus agasallos


Na fin de semana efectuouse a entrega dos premios ás gañadoras do concurso Galeguizando TikTok. Os obsequios consisten en cadanseu lote de produtos culturais galegos por valor de 100 euros.

O xurado ditaminara que a distinción ‘ao máis divertido’ recaese en Iria Portas Rodríguez; ‘ao máis creativo’ en Alicia Miguéns Vila; e ‘ao máis orixinal’ quedase sen adxudicar. As pezas audiovisuais presentadas debían estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e segui-lo formato da app TikTok.

O dito concurso foi unha iniciativa enmarcada na programación impulsada para conmemora-lo Día da Patria Galega, no 25 de xullo, dende a Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG).